viernes, 16 de noviembre de 2012

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

Son complexos residenciais destinados ao gozo do ocio e do lecer das familias, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).

Dirixidas a:

  • As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español.
  • As galegas e galegos residentes no exterior.
Ofrecen:
Residencia de tempo libre no Carballiño
  • Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Servizo para non residentes: servizo de comedor para familiares e amigas/os das persoas residentes que veñan visitar a instalación.


PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

Os puntos de encontro familiar son recursos que facilitan o cumprimento do réxime de visitas e favorecen o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias.
Estes servizos cumpren a súa función en situacións de separación, divorcio, ou noutros supostos de interrupción da convivencia familiar.

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN

-Interese das persoas menores
-Voluntariedade
-Imparcialidade
-Neutralidade
-Confidencialidade
-Non interferencia
-Subsidiariedade e temporalidade

TIPOS DE INTERVENCIÓN

-Intercambio de menores
-Visitas tuteladas
-Visitas sen supervisión
-Desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado
-Orientación e asesoramento familiar



http://www.colaboraclm.org/puntos-de-encuentro-familiar/

PROGRAMAS DE MEDIACIÓN FAMILIAR

A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario, que mediante a intervención dunha persoa profesional, trata de axudar as parellas que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada.

As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de designación da mediación familiar e poderán elixiar a persoa mediadora.

OBXETIVOS
  • Darlle á parella a oportunidade de separarse do xeito menos conflitivo posible.
  • Axudar a parella a resolver por si mesma as discrepancias mantidas respecto da súa separación, reducindo o risco de que as ou os menores se utilicen como moeda de cambio na negociación.
  • Conseguir acordos duradeiros e que se incumpran menos, xa que os pactos negociados e aceptados libremente perduran sobre os impostos.


jueves, 15 de noviembre de 2012

PROGRAMAS DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS MONOPARENTAIS


É un programa que presta apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillas e fillos menores ao seu cargo. OBXETIVOS:
  • Potenciar a autonomía das familias monoparentais.
  • Axudar á crianza das nenas e nenos e favorecer a súa socialización.
  • Favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral.
  • Promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares.
  • Facilitar que estes proxenitores poidan participar en igualdade de oportunidades.
  • Prever situacións de risco social.
Estancias de tempo libre para nais soas
Son estancias gratuítas en zonas costeiras para mulleres con responsabilidades familiares non compartidas (fillas ou fillos) e con baixos niveis de ingresos.
O seu obxectivo é facilitarlles un espazo de ocio xunto coas súas fillas e fillos desligado da situación habitual.





GABINETES DE ORIENTACIÓN FAMILIAR

Os Gabinetes de Orientación Familiar (GOF) son un recurso especializado no apoio e na promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá.

As súas funcións son:

  • Informar e asesorar tecnicamente ás persoas sobre as problemáticas sociais, psicolóxicas e xurídicas nas que puidesen estar envoltas.
  • Proporcionarlles ás familias o acceso aos recursos axeitados para a convivencia.
  • Dotar ás persoas e ás familias das habilidades necesarias para afrontar os diferentes conflictos que se poden presentar.
  • Evitar a instrumentalización das fillas e dos fillos ante as diferentes situacións de conflitividade.
  • Restablecer e/ou mellorar as relacións entre nais e pais e as súas fillas e fillos menores.
  • Potenciar o recurso da mediación familiar como procedemento válido para a resolución de conflitos.
Están dirixidos a todas aquelas persoas con residencia en Galiza que consideren que na súa familia existe algún conflito.



SERVIZO DE CANGUROS


É un servizo que permite a conciliación da vida familiar e laboral,  coidando dos menores no seu fogar no tempo en que as persoas adultas da familia non poden realizar esta función. En Europa ten unha regulación diferente segundo o país. No Estado Español non está regulamentado polo que soe estar exercido por persoas sen cualificación e asociado á realización doutras tarefas de carácter doméstico, como limpeza do fogar ou preparación da comida.






PROGRAMAS PARA A EDUCACIÓN FAMILIAR

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dotando ás familias das competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares e faciliten procesos de autonomía, responsabilidade e participación social das persoas, grupos e comunidades.

Os seus obxetivos son os seguintes:

  • Intervir de maneira individualizada nos núcleos familiares que se atopan en situación de dificultade social ou risco.
  • Ter un carácter integral e planificar actuacións encamiñadas a superación da situación que presente o núcleo familiar.
  • Ter un carácter continuado co fin de acadar os obxectivos propostos para cada núcleo familiar.
  • Establecer mecanismos de coordinación cos recursos e servizos existentes na zona que interveñen nalgún aspecto da vida familiar.
  • Fomentar a participación da cidadanía, a creación de grupos e o desenvolvemento comunitario con actuacións de prevención, formación e sensibilización social.         http://www.mancomunidaddetentudia.com/familia.html    

LOCALIZACIÓN DOS PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN CON FAMILIAS


Ver PROGRAMAS DE INTERVENCIÓN CON FAMILIA en un mapa más grande

Neste mapa podemos atopar os distintos programas de intevención con familia que hai na cidade na Coruña, ou noutros puntos de Galicia. Os programas son os seguintes:


  • Programas para educación familiar
  • Servicio de Canguros
  • Gabinetes de orientación familiar
  • Programas de atención ás familias monoparentais
  • Programas de mediación familiar
  • Puntos de encontro familiar
  • Residencias de tempo libre
De seguido, profundizaremos en cada un dos programas.