É un programa que presta apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillas e fillos menores ao seu cargo. OBXETIVOS:
- Potenciar a autonomía das familias monoparentais.
- Axudar á crianza das nenas e nenos e favorecer a súa socialización.
- Favorecer a incorporación da persoa responsable da familia ao mundo laboral.
- Promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares.
- Facilitar que estes proxenitores poidan participar en igualdade de oportunidades.
- Prever situacións de risco social.
Estancias de tempo libre para nais soas
Son estancias gratuítas en zonas costeiras para mulleres con responsabilidades familiares non compartidas (fillas ou fillos) e con baixos niveis de ingresos.
O seu obxectivo é facilitarlles un espazo de ocio xunto coas súas fillas e fillos desligado da situación habitual.

No hay comentarios:
Publicar un comentario